INSTALACIÓNS

O Conservatorio Superior de Música de Vigo conta con tres edificios construídos en diferentes épocas. Aloxan 47 aulas, que inclúen aulas instrumentais, clases colectivas, música de cámara, orquestra, informática, así como un laboratorio de Novas Tecnoloxías. Tamén ten a disposición dos estudantes 8 cabinas de estudo.

Dende a apertura do auditorio en 1995  diferentes personalidades da música e da cultura teñen actuado no mesmo: Teresa Berganza, Jan-Ives Thibaudet, Carmelo Bernaola, Tomás Marco, Cristobal Halffter, Luis de Pablo, Michael Chance, Lana Reverdie, David Russell, Alfredo Aracil, Xavier Montsalvatge, etc.

Auditorio  "Martín Códax"

Datos técnicos

Escenario

  • Boca: 15,80 m

  • Fondo: 7,62 m

  • Escenario: 13,69 m

Capacidade 

  • 300 butacas

Instalacións

  • Camerinos, salas de ensaio, cafetería e xardín

Fotografia: Daniel Arenas

Cesión de espazos

A continuación podes consultar o Regulamento de Autorización de Usos a Terceiros e os formularios para a petición de uso de espazos:

Cmus Superior de Vigo