Unha das medidas establecidas nestes documentos foi a instalación dun Punto Laranxa físico en cada un dos centros de ensino para denunciar posibles situacións de acoso ou ciberacoso escolar. No noso centro, este Punto atópase entre a entrada, a conserxería e a cafetería e conta cunha caixa onde calquera pode depositar información.
De igual maneira, estableceuse un Punto Laranxa virtual na páxina web do centro coa mesma función: a de informar sobre situacións de posible acoso e ciberacoso escolar.
Outra medida foi a constitución do Equipo ACAE (Equipo de Actuación Contra o Acoso Escolar), que ten coma misión poñer en práctica o establecido no decreto no relativo á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo está formado por:
C. CONVIVENCIA
PRESIDENTE: DIRECTOR
PROFESOR: JACOBO GASPAR GRANDAL
PROFESOR: RAFAEL S. YEBRA RIVERA
ALUMNA: LAURA CONDE BLANCO
PAS: ANA JUNCAL PEREIRA
¡Grazas pola túa mensaxe!