top of page

radio triskel

Benvida

Benvidos e benvidas todos e todas a a Radio Triskel, a radio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Enlaces aos contidos

 

 

 

 

Radio Triskel é o proxecto de radio en formato podcast do CSMVigo. Nace co ánimo de proxectar cara o exterior a riqueza que se produce nas nosas aulas, promovendo un espazo que pretende ser unha valiosa ferramenta de traballo e difusión para todas as especialidades e disciplinas que se imparten no noso centro.

Radio Triskel pretende aglutinar todas as perspectivas que converxen no eido da música, dando cabida ao pasado, presente e futuro dun xeito transversal. Ao mesmo tempo, persigue tamén a implicación activa de todo o alumnado, merecendo unha mención especial o da especialidade de Produción e Xestión, que disporán a través deste proxecto dun lugar no que levar á práctica moitos dos contido traballados nos seus estudos.

Radio Triskel prevé ofertar espazos sonoros de temática variada que promovan a colaboración entre os diferentes departamentos e especialidades do noso conservatorio.

ESCOITA-MUS: Programa en directo ou streaming para retransmitir audicións e concertos, vencellado a todos os itinerarios de interpretación e departamento de conxunto en colaboración con Produción e Xestión na parte técnica.

RECOLLE-MUS: Programa de recompilación de sons e paisaxes sonoras, vencellado a FAAV, Etnomusicoloxía e mesmo Composición.

CURA-MUS: Espazo de música e saúde con entrevistas e aportación de información prácticas vencelladas a TCCORP.

DISCOBRI-MUS: Presentación de novidades discográficas con entrevistas e audicións comentadas vencellado a Produción e Xestión.

ENTREVISTA-MUS: entrevistas en profundidade a diversas personalidades (Profesorado visitante Erasmus+, colaboración con outros centros, clases maxistrais..).

LABORA-MUS: Espazo dedicado a informar sobre posibles saídas profesionais no ámbito da música, vencellado a FORLAN.

REMATA-MUS: Espazo de anuncio e promoción dos Traballos de Fin de Estudos (TFE ) que se presentan.

MUSICA-MUS: Espazo de contos musicados ou relación do texto e música, vencellado a pedagoxía ou piano Aplicado (Departamento de Improvisación) coa participación do plan de Biblioteca.

BENVI-MUS: Espazo narrativo-musical no que se provee ó ouvinte dun paseo sonoro con comentarios sobre o edificio do CSMVigo, para complementar o Paseo en QR elaborado polo alumnado de distintas materias (piano aplicado, música de cámara, composición...).

APADRINA-MUS: Espazo de mostra do proxecto de apadriñamento do Departamento de Improvisación no que poder verter tanto o produto musical coma entrevistas e seguimento do propio proxecto.

VERSIONA-MUS: Espazo de versións comparadas con todas as variantes que se queiran incluír (piano, piano a catro mans, repertorio sinfónico, camerístico, etc.).

PER-SOA-MUS: Espazo de presentación do alumnado de primeiro curso mediante audios curtos de elaboración propia, vencellado a FAAV (Proxecto Per_Soa).

ivoox.png
instagram.png
apple podcast.png
spotify.png
bottom of page