INCOMING STUDENTS
Información xeral
O prazo de solicitude dun intercambio Erasmus para estudar unha especialidade no Conservatorio Superior de Vigo remata o 30 de abril para o semestre de inverno (setembro-febreiro) e o 30 de outubro para o semestre de primavera (febreiro-xuño)
Requisitos:
Os/as solicitantes deben aportar os seguintes documentos:
-
Un impreso de solicitude (Application Form) e do Acordo de formación (Learning Agreement) proporcionados pola institución de orixe. Os modelos destes documentos dispoñibles nesta web tamén son aceptados sempre que estean debidamente asinados polo/a el Profesor/a Titor/a, o/a Xefe/a do Departamento e Coordinador/a de mobilidades Internacionais.
-
Unha carta de motivación
-
Unha carta de recomendación do profesor/a (se é dispoñible)
-
Certificación de español/galego (se é dispoñible)
-
Unha gravación (CD-DVD). É recomendable que esta gravación ofreza polo menos 3 períodos diferentes do repertorio esencial do instrumento da especialidade solicitada. Tamén se aceptan vídeos ou gravacións a través de internet. Todos os vídeos ou DVDs deben ofrecer unha vista frontal de preto das interpretacións do solicitante.
Os departamentos instrumentais decidirán a aceptación de cada solicitude en función das súas posibilidades. Os resultados das súas decisións serán enviados por correo electrónico aos solicitantes e coordinadores institucionais e poden consultarse a través deste sitio web. De ser aceptado, enviarase unha carta de admisión aos coordinadores/as de cada institución.